Sunday 05 de May de 2024

Manuel Gago Pérez presenta na Pobra o seu libro Galeóns, vapores e motoras


O Auditorio do Museo Valle-Inclán converterase en escenario dunha nova cita literaria. Manuel Gago Pérez continúa coa xira da presentación do seu libro Galeóns, vapores e motoras que fará unha parada na Pobra do Caramiñal no 9 de setembro, ás 20.30 horas.

Organizado pola Concellaría da Cultura, o acto contará coas intervencións do propio autor e da edil Patricia Lojo (PSdeG-PSOE).

A obra fai un repaso pola historia da pasaxe na ría da Arousa, focalizándose nas embarcacións destinadas a tal fin e o papel que xogaron no movemento socioeconómico de ámbalas marxes.

O acceso é libre ata completa-la cabida.